CRTVG

Buscar

O Obradoiro, con Robertson, busca a vitoria da permanencia co Andorra

Publicado o 01/05/2021 14:12

Imos con baloncesto e coa cita que lle agarda esta tarde ao Obradoiro fronte ao Andorra. Quedan cinco partidos, pero a de hoxe é a penúltima cita no Sar. O equipo de Moncho Férnández terá diante ao conxunto que o precede. O Andorra suma 12 triunfos, por 10 dos galegos. Cunha tranquilizadora vantaxe de tres vitorias sobre o descenso, e sen que o Bilbao e mailo Guipúsacoa den síntomas de reacción, o Obradoiro busca o éxito que lle asegure a continuidade na categoría. Para este partido recupera ao seu máximo anotador, Kassius Robertson, xa restablecido dunha lesión.