CRTVG

Buscar

O Obradoiro buscará en Murcia o sábado a segunda vitoria da temporada

Publicado o 24/10/2019 20:10

Moncho Fernández: "Temos que xestionar mellor as posesións finais"

O Obradoiro buscará en Murcia a segunda vitoria da temporada. Pero necesita xogar mellor os últimos minutos. Ponse á altura de calquera equipo pero erra no desenlace dos partidos.

Moncho Fernández, adestrador do Monbus Obradoiro: "Temos que xestionar mellor as posesións finais".

En Murcia, Pepe Pozas vaise converter no xogador con máis partidos na ACB da historia do Obradoiro. O base malagueño chegou en 2014 e converteuse nunha referencia do club, e máis dada a alta rotación de xogadores que pasan por Santiago. 

"É un exemplo, sempre pon por diante o equipo. É un reflexo do que queremos ser".

Na primeira das dúas saídas seguidas que marca o calendario Moncho Fernández ten as baixas por lesión de De Zweeu e Kostas Vasileiadis, no dique seco por un golpe no brazo e molestias que non remiten.

Noticias web

24/10/2019