CRTVG

Buscar

O Obradoiro busca manter o camiño do éxito diante do Andorra

Publicado o 23/11/2019 14:43

Os de Moncho Fernández buscan a segunda vitoria no Sar

Converter Manresa nun hábito. Da vitoria en terras catalás houbo moitas conclusións positivas. Menos perdas de balón, ou ceder poucos rebotes en aro propio son datos chaves para repetir éxito. Moncho Fernández, o adestrador do Obradoiro,  sinalou que "creo que os xogadores ao longo da semana falaron moito diso. Do camiño. Oxalá sexamos capaces de converter o traballo dun día nun hábito"

Porao a proba un Andorra, en éxtase, que vén de gañar en Eurocup á Virtus Bolonia nun excelente partido. En Liga suma cinco vitorias e 4 vitorias. É quinto pero con só dúas vitorias mais cun Obradoiro moi respetado nos Pirineos. David Jelinek,  xogador do Andorra destacou do rival que "é un equipo que xoga diferente a calquera outro da liga. Ten moitos tiradores que son capaces de anotar de tres. Tamén teñen un grande referente dentro da zona este ano ao que hai que vixiar moito pois está xogando moi ben"

Kravic causa preocupación en Andorra. O Sar agarda pola súa mellor versión e a dos seus compañeiros para festexar a segunda vitoria en Santiago.

Noticias web

23/11/2019