CRTVG

Buscar

O Obradoiro bota a andar: comeza a décimo segunda temporada consecutiva en ACB

Publicado o 09/08/2021 16:48

No Sar comezou a pretemporada do Monbus Obradoiro. Décimo segunda temporada consecutiva en ACB, con seis novidades.

Queda un mes para que comece o campionato. Coma cada campaña, Moncho Fernández está obrigado a reiventar o equipo. Seis xogadores chegan para poñerse ás súas ordes e fundamentalmente para adaptarse á súa maneira de xogar.

"O club fixo un esforzo para ter un equipo competitivo e estou moi ledo co resultado", dixo o adestrador do Obradoiro. 

Noticias web

09/08/2021