CRTVG

Buscar

O Obradoiro, asoballado na pista do Tenerife (107-62)

Publicado o 05/12/2020 19:48

O Obradoiro sufriu a derrota máis contundente da temporada na pista do Tenerife (107-62) nun partido que só tivo historia no primeiro cuarto. 

No inicio nada facía supoñer tal desfeita co dominio local pero co Obradoiro seguindo o ritmo (25-19). Todo cambiou no segundo cuarto cun festival anotador tinerfeño demostrando a razón pola que é un dos mellores equipos da ACB neste comezo de temporada. O resultado (55-38) falaba ás claras da efectividade local. 

Lonxe de mudar a tónica foi aumentando no segundo tempo ata un marcador escandaloso con diferenzas preto dos cincuenta puntos. En Tenerife ata seis xogadores estiveron por riba dos dez puntos cun Shermadini imparable (18 puntos en 17 minutos) e Marcelinho dando un curso na dirección de xogo (14 puntos e 9 asistencias). 

No Obradoiro só se salvou o traballo de Enoch (15 puntos e 7 rebotes) e a intensidade do recuperado Daum (11 puntos).