CRTVG

Buscar

O Obradoiro arrinca a pretemporada buscando pasar menos apuros

Publicado o 13/08/2019 16:16

Unha década vai facer o Obradoiro na ACB e hoxe bota a andar a preparación dunha nova campaña. Momento para coñecer aos novos: Álvaro Muñoz, Earl Calloway e Chris Czerapowic, que xa tomaron contacto co parqué do SAR, e Dejan Kravic, Fletcher Magee, e Mike Daum que se incorporarán nos vindeiros días.

Seis fichaxes, que cubrirán as baixas doutros tantos xogadores, algún deles referente como é Nacho Llovet, agora no Andorra.

Unha afección ilusionada, que quere evitar agobios de última hora para asegurar a permanencia, como aconteceu na temporada anterior.

Programou Moncho Fernández dobre sesión de adestramento diario. Xogarán en Vilagarcía e no memorial Quino Salvo en Vigo, antes de medirse ao Barcelona no Torneo Xacobeo. O subcampión da ACB será precisamente o seu primeiro rival na Liga que comeza a última semana de setembro.

Noticias web

13/08/2019