CRTVG

Buscar

O Obradoiro anuncia a fichaxe do estadounidense Benjamin Simons

Publicado o 10/08/2017 15:17

Un á de 26 anos, 203 de estatura, procedente da liga belga onde fixo unha media de 11 puntos e 2,5 rebotes por partido

E o Obradoiro acaba de anunciar a fichaxe do estadounidense Benjamin Simons. Chega por 1 temporada. 

Un á de 26 anos, 203 de estatura, procedente da liga belga onde fixo unha media de 11 puntos e 2,5 rebotes por partido. Nacido en Michigan, formouse na universidade de Drake antes de dar o salto ao baloncesto europeo. Coa chegada de Simons, o Obradoiro reforza a posición de catro. Un á alto cun bo tiro exterior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2017