CRTVG

Buscar

O Obradoiro, a peor defensa, recibe o Real Madrid, líder invicto da Liga ACB

Publicado o 19/10/2019 13:53

"Contra estes equipos tes que ter un día bo en ataque, que non che collan rebotes ofensivos, ter poucas perdas, que non estean moi acertados... teñénse que dar unhas circunstancias que imos traballar ao máximo para que se dean as máximas posibles", explicou o xogador do Obradoiro, Álvaro Muñoz.

Unhas das cousas que hai que mellorar é a defensa. O Obradoiro, o equipo que máis puntos apaña da liga, 93 e medio de promedio por partidos, recibe o que menos encaixa, o Real Madrid, 68.2. Números que colocan os de Laso no primeiro posto da liga, invictos na competición doméstica malia que veñen de caer en Kaunas na Euroliga; e os de Moncho Fernández, no descenso cun único triunfo en catro partidos.

"Temos que centrarnos en mellorar, mellorar aspectos básicos do xogo. Estamos non adaptándonos pero si coñecéndonos e é un proceso que será un chisco longo", recoñeceu Álvaro Muñoz.

E nos bancos, os dous técnicos máis estables da liga: Moncho Fernández, dez anos no Obradoiro, Pablo Laso nove temporadas dirixindo o Real Madrid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019