CRTVG

Buscar

O Obra volve a Badalona despois da última polémica vitoria

Publicado o 08/11/2018 17:10

O Obra volve a Badalona este sábado, oito meses despois da súa vitoria con polémica nesa pista. Daquela foi protagonista Nacho Llovet, ex da Penya, a quen o adestrador do Joventut o acusou de finxir nesa última xogada para que lle pitaran unha falta.

Moncho Fernández, adestrador do Monbus Obradoiro. "O que teño claro é que Nacho ten a madurez e o saber estar suficientes para xogar o partido ao máximo nivel e o que si espero é que o reciban como sempre reciben, con aplausos e apertas".

Moncho Fernández advirte das calidades da Penya, máis alá de Laprovittola, en especial das súa fortaleza defensiva. Os de Badalona suman xa catro vitorias cun salto de calidade con respecto ás temporadas anteriores en que pasou apuros. Parece que solucionados os problemas económicos polos que pasou agora a Penya quere mirar cara a arriba na clasificación.

Moncho Fernández: "Moitas veces falamos dos orzamentos, e cando o facemos sempre se di, sempre falades do mesmo, pero é certo, é a túa capacidade para poder incorporar xogadores ou mantelos, como Laprovittola, ou Harangody agora ou outros máis".

Varios xogadores do Obra seguen arrastrando problemas físicos, pero máis alá de Simmons, que leva semanas parado, Moncho Fernández agarda poder contar con todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018