O Obra, a pola undécima vitoria; o Breo, obrigado a gañar en Donostia

Para o Breo todos os partidos que quedan para finalizar a liga son decisivos, pero se cadra o deste sábado o é aínda máis. Os de Lezkano visitan o colista en San Sebastián. Natxo Lezkano. adestrador Cafés Candelas Breogán: "Para nós é como unha final four ou como un partido final de liga. Esta é a nosa final".
O adestrador breoganista advirte a quen poida pensar que é un partido accesible, por ser Guipúscoa o último na clasificación, que en ningún caso será doado. A pesar disto insiste en que o Breo está obrigado a gañar. Non estará en Donostia Henk Norel para enfrontarse ao seu ex-equipo, pero o pivote apura a súa recuperación.
O Obradoiro, con menos apuros, quere alcanzar canto antes as vitorias que lle garantan a salvación. O primeiro paso pode dalo este sábado ante o Joventut, un equipo que está facendo unha gran temporada e en que destaca Laprovittola. David Navarro. Monbus Obradoiro: "Para estar aí arriba non é só un xogador, senón que teñen un equipo longo e son moitas máis cousas, pero eu sempre digo que para gañar temos que centrarnos en nós".
O Obra pensa en recuperar o acerto en ataque e frear a sangría dos puntos anotados polo rival en segunda opción.