CRTVG

Buscar

O número de transplantes realizados nos hospitais galegos medrou un 14% no 2017

Publicado o 12/01/2018 21:33

Melloran os datos de doazóns e transplantes en Galicia. A actividade dos hospitais galegos neste campo segue a tendencia positiva e supera marcas, con 340 transplantes de órganos grazas á doazón de 113 persoas. A lista de espera reduciuse e rexistra agora 313 pacientes.

Os complexos hospitalarios da Coruña e de Santiago realizaron en 2017 un total de 340 transplantes de órganos grazas á doazón de 113 persoas. É un incremento da actividade superior ao 14 por cento respecto do ano anterior, con días especialmente sinalados.

Na actualidade, por cada millón de habitantes hai 42 que son doadores. Reduciuse considerablemente a taxa de negativas familiares, case oito de cada dez familias doan os órganos do seu ser querido, pero aínda así seguimos sendo a comunidade co peor dato neste apartado, cun 21 e medio por cento de rexeitamentos.

Só incrementando a doazón conseguirase reducir a cifra de persoas que esperan por un órgano. Na actualidade son 313 os pacientes nesa situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018