CRTVG

Buscar

O número de persoas hospitalizadas por covid−19 baixa ata as 400 en Galicia

Publicado o 05/03/2021 09:57

• Galicia reduciu en 17.518 os casos activos nun mes

• Encadéanse 18 días cunha positividade por debaixo do 5 %

O número de persoas hospitalizadas por covid−19 baixa ata as 400 en Galicia

Unha semana despois da apertura, os casos activos seguen, polo momento, continuando na súa tendencia á baixa. Hai, segundo Sanidade, 4.168 casos activos (-285), tras 210 novos positivos detectados, dos cales 176 mediante PCR.

Galicia reduciu en 17.518 os casos activos nun mes.

Por áreas sanitarias a repartición é:

A Coruña: 1.388 (-104)

Vigo: 722 (-36)

Pontevedra: 599 (-33)

Santiago: 460 (-9)

Lugo: 373 (-28)

Ferrol: 376 (-48)

Ourense: 250 (-27)

Presión hospitalaria, á baixa

Os datos nos hospitais seguen progresando na súa redución da presión. Hai 400 persoas ingresadas no país por mor do coronavirus (-48): 311 en planta (-44) e 89 nas UCI (-4). Son niveis semellantes aos que tiñamos en planta a comezos de xaneiro; para críticos, os niveis son os de mediados dese mesmo mes.

Onte o Sergas notificou o pasamento de tres persoas por mor da covid−19. Van 2.262 persoas falecidas pola doenza no país dende o comezo da pandemia.

Soben lixeiramente os casos detectados

No que respecta aos positivos, apréciase unha repunta respecto aos últimos seis días. Das 8.114 probas PCR realizadas (+705), deron positivo 176, o cal revela unha taxa de positividade do 2,17 %. O total de novos casos detectados chegou aos 210, a maior cifra dos últimos seis días.

Mapas de incidencia acumulada