CRTVG

Buscar

O número de infectados en España achégase aos 80.000 e superamos os 6.500 mortos

Publicado o 29/03/2020 14:33


Xa son máis de 6.500 os mortos en España con coronavirus. En 24 horas rexistráronse 838 falecementos.

O número total de infectados achégase aos 80.000, tras seren detectados nas últimas horas algo máis de 6.500 casos novos.

A presión nas unidades de coidados intensivos tamén creceu pero menos que onte.

E sumáronse 2.400 altas novas, o que dá un total de case 15.000 curados.

Fernando Simón insistiu, porén, en que a principal preocupación é evitar o colapso das unidades de coidados intensivos.

Neste sentido, recordou a importancia de extremar as precaucións para evitar contaxios novos.

Noticias web

29/03/2020