España rexistra 59 mortes, a cifra máis baixa desde o 16 de marzo
España sumou este luns 59 mortes con COVID-19, a cifra máis baixa de falecementos desde o 16 de marzo, cando se notificaron apenas 22, segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Sanidade.
O número de persoas falecidas polo coronavirus ascende a 27.709 desde o inicio da pandemia. Ademais, o número de positivos confirmados por PCR tamén continúa caendo, con 285 novos casos, fronte aos 421 de onte. Isto supón o menor dato desde o 11 de maio (373), situándose en niveis anteriores á explosión da pandemia en España, fixada o oito de marzo.
En total, 231.606 persoas pasaron a enfermidade, segundo as cifras oficiais. Os datos tamén mostran que nas últimas 24 horas producíronse 172 hospitalizacións (125.233 desde o inicio da pandemia) e 15 novos ingresos en unidades de coidados intensivos (11.437 desde os primeiros momentos da COVID-19 en España).
Sanidade non informou este luns do número de persoas curadas.
Positivos por autonomías:
Andalucía 8
Aragón 25
Asturias 3
Baleares 2
Canarias 5
Cantabria 3
Castela-A Mancha 30
Castela e León 42
Cataluña 85
Comunidade Valenciana 21
Estremadura 1
Galicia 5
Madrid 5
Murcia 5
Navarra 30
País Vasco 15
A Rioxa, Ceuta e Melilla son as únicas autonomías sen novos casos.
Falecidos por autonomías:
Asturias 2
Canarias 2
Castela-A Mancha 5
Castela e León 7
Cataluña 12
Comunidade Valenciana 4
Galicia 1
Madrid 16
Murcia 1
País Vasco 7
A Rioxa 2
Os 15 ingresos en UCI localízanse en Andalucía (1), Aragón (1), Castela e León (1), Comunidade Valenciana (2) e Madrid (10).
En canto aos 172 casos que precisaron de hospitalización, catro localízanse en Andalucía, catro en Aragón, 17 en Asturias, tres nas Canarias, dous en Cantabria, 12 en Castela-A Mancha, 27 en Castela e León, 21 en Cataluña, 15 en Comunidade Valenciana, oito en Galicia, 56 en Madrid, dous en Murcia e un no País Vasco.
A transmisión do coronavirus en moi baixa en moitos territorios, segundo Simón
Desde o 8 de marzo non se diagnosticaban tan poucos novos infectados por coronavirus en España, 285 nas últimas vintecatro horas. E a cifra diaria de falecidos cae a 59, a máis baixa en dous meses.
"Temos que ver o famoso efecto fin de semana, que deixaremos de velo mañá, para ver o que sucece, pero o certo é que a evolución é moi boa" asegura Fernando Simón, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias
O novo sistema de vixilancia confirma a caída da letalidade. Pasou do 11% na segunda quincena de marzo ao 2% hai dúas semanas. E o tempo entre o inicio de síntomas e o diagnóstico reduciuse a catro días cando ata agora tardaba entre unha semana e 17 días.
"Se detectamos máis e seguimos tendo número moi baixos podemos xa, agora si, ter certa certeza de que o virus, aínda que xa o sospeitabamos, temos seguridade de que a transmisión agora mesmo é moi baixa en moitos territorios", dixo o doutor Simón.
Nas últimas vinte e catro horas houbo 172 novas hospitalizacións, a maioría en Madrid, Castela e León e Cataluña. Quince persoas máis precisaron UCI, dez delas na comunidade madrileña.