CRTVG

Buscar

O número 52.472, terceiro premio, leva a sorte a Ourense

Publicado o 22/12/2020 11:48

O terceiro premio, dotado con 500.000 euros por serie (50.000 euros cada décimo), do Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal que se celebra este martes no Teatro Real de Madrid correspondeu ao número 52.472 e saíu ás 11:30 horas.

A sorte chegou con el a Ourense, pois foi despachado na administración situada no número 10 da concorrida Rúa do Paseo, onde venderon unha serie completa e, polo tanto, repartiron medio millón de euros.

Jorge Anta ten 41 anos e neste negocio familiar con 39 anos de historia mamou, como di, a lotería desde pequeno. O ano na pandemia repartiu o maior premio na historia da cidade, unha primitiva de 11 millóns de euros e agora este terceiro premio.

A provincia de Ourense é a segunda despois de Ávila onde menos ten tocado o gordo de Nadal. Só caeu dúas veces aquí no 2018, dous décimos nun bar da zona vella e en 2008 10 billetes nunha administración de Allariz. Mais este terceiro premio hoxe sabe a gloria.