CRTVG

Buscar

O novo temporal durará catro días, con aviso laranxa para este venres

Publicado o 08/11/2018 21:24

A borrasca Beatriz segue atacando por terra e por mar. Hoxe volveu con intensidade a Galicia, con chuvias xeneralizadas por todo o país e fortes refachos de vento nas zonas costeiras.

Mantense o aviso laranxa no mar e o amarelo por chuvia en todas as comarcas do litoral, ao sur de Fisterra. A frota permaneceu amarrada durante todo o dia. Só os percebeiros se atreveron a saír con este tempo. O vento foi amainando ao longo da tarde pero de mañá os refachos chegaron aos 90 quilómetros por hora en Camariñas ou aos 100 en Fisterra.

Tamén no interior se deixou notar o vento con forza. Ourense foi, quizais, a provincia menos afectada por este temporal, aínda que na Baixa Limia chegaron a recollerse 16 litros por metro cadrado, e non se descarta que nas zonas de montaña as precipitacións poidan ser de neve. A Xunta suspende a partir das 12:00 horas do venres día 9 ata as 00:00 horas do día 10, as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica de noroeste da Coruña e a Mariña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018