CRTVG

Buscar

O decreto que paraliza toda actividade non esencial xera confusión entre os autónomos

Publicado o 31/03/2020 14:32

Os polígonos industriais foron os primeiros en sufrir os efectos da primeira xornada de paralización total de todas as actividades económicas. O ruído, o tráfico intenso e a actividade frenética mudou en silencio, pouco vehículos circulando e empresas pechadas.

Pero o novo real decreto tamén xerou confusión. Os traballadores por conta propia acusan o Goberno central de improvisación.

Lorenzo Amor, presidente da Asociación de Traballadores Autónomos, asegura que aínda souberon hoxe que poderán seguir traballando malia non estar incluidos nun dos sectores esenciais. Tamén se queixa de que a supresión da cota de autónomos chega tarde porque xa recibiron a de marzo.

Ás críticas dos autónomos sumáronse nas últimas horas as de outros sectores que entenden que as medidas que se están a aplicar van na dirección equivocada. Así o aseguraba Raúl Palacios, presidente da Asociación Nacional de Vendedores de Vehículos.


 

Noticias web

31/03/2020