CRTVG

Buscar

Bos días

O novo ministro de Saúde da Arxentina, Jorge Lemus, considera exemplar o sistema sanitario galego

Publicado o 06/01/2016 10:15
O novo ministro de Saúde da Arxentina, Jorge Lemus, considera o sistema sanitario galego como un dos exemplos para Europa en materia epidemiolóxica.
Ademais, como descendente de galegos, asegura que a idiosincrasia da nosa Comunidade marcou boa parte da súa vida persoal e profesional.







Ten 67 anos e dende o pasado 10 de decembro Jorge Lemus é o novo ministro de Saúde da Arxentina.
Ademais é un visitante habitual de Vimianzo e Betanzos, a terra dos seus pais da que herdou a idea de traballo e esforzo.

CORTE 1: Jorge Lemus - Ministro de Saúde da Arxentina
"Tenía una cultura del dinero y de la ética que yo he conservado toda la vida. Eran trabajadores natos, no pedían subsidios, trabajaban."

O novo plan de Saúde da Arxentina que implementará bebe do modelo español e británico, un exemplo para o médico por estar ben organizado e dar resposta ás necesidades da cidadanía. Lemus tamén gabou o sistema galego.

CORTE 2: Jorge Lemus - Ministro de Saúde da Arxentina
"Galicia tiene mucho de salud y de epidemiología es uno de los ejemplos para Europa".

As paradoxas da vida fixeron que fose recoñecido como membro da Real Academia Nacional de Medicina e Cirurxía de Galicia antes incluso que da entidade homóloga da Arxentina.

SAIDIÑA
Lemus ten por diante moitos retos sanitarios no país austral.
Entre os principais: ordenar un sistema de saúde que califica de caótico para facelo máis eficiente, acabar coa mortaldade infantil que se sitúa entorno ao 11 por mil, ou paliar o turismo sanitario.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/01/2016