CRTVG

Buscar

O novo Goberno de Conte obtén a confianza do Senado italiano e é investido

Publicado o 10/09/2019 20:23
O novo Goberno de Conte obtén a confianza do Senado italiano e é investido

O Goberno italiano de coalición entre o antisistema Movemento Cinco Estrellas (M5S) e o Partido Demócrata (PD) obtivo hoxe a confianza no Senado, último paso para a súa investidura. Votaron a favor 169 senadores, na súa maioría do M5S, o PD e do partido de esquerdas Libres e Iguais, que ten o ministerio de Sanidade, e en contra 133, procedentes da ultradereitista Liga, o conservador Forza Italia e o ultranacionalista Irmáns de Italia. Houbo cinco abstencións.

Italia pon así fin á crise política desatada en agosto no país polo líder da Liga e xa ex-ministro do Interior, Matteo Salvini, o gran perdedor desta situación, que quedou relegado á oposición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí