CRTVG

Buscar

O novo goberno da Arxentina busca como frear a inflación, que xa supera o 52%

Publicado o 13/12/2019 08:46

Cambiou o Goberno na Arxentina, pero a economía segue en estado crítico. A última mostra disto é a taxa de inflación, que volveu subir no mes de novembro e que se sitúa, segundo algunhas sondaxes, como o principal problema para a maioría dos arxentinos.

A inflación segue subindo na Arxentina. Os prezos aumentaron un 4,3 % no mes de novembro, un crecemento maior que no mes anterior e que mostra a delicada situación macroeconómica do país.

O novo Goberno do peronista Alberto Fernández tratará de reverter este alzamento dos prezos, que xa roza o 50 % dende comezos de 2019.

Nese sentido, o novo titular de Economía, Martín Guzmán, afirmou que poñerá en marcha unha política integral para acabar coa inflación.

Guzmán tamén sinalou que A Arxentina pechará o ano cunha inflación do 55 %, a máis alta dos últimos 28 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019