CRTVG

Buscar

Bos días

O novo Goberno da Arxentina afronta o comezo do curso político facendo balance da herdanza kirchnerista

Publicado o 15/01/2016 09:29

O novo Goberno da Arxentina, presidido por Mauricio Macri, afronta o comezo do curso político facendo balance da herdanza kirchnerista recibida e cuns obxectivos claros para este 2016.
Os principais: reducir o déficit e a inflación e corrixir o abuso e o malgasto que asegura que recibiron do Goberno de Cristina Fernández.







Non importa que a Arxentina estea en pleno verán austral. Cumprido un mes da asunción de Mauricio Macri, o novo Executivo emprégase a fondo pra sair da recesión e reducir unha inflación do 28% ata o 20% a final de ano.


"Acá no hay que ajustar, acá simplemente hay que parar el derroche", di Alfonso Prat-Gay - Ministro de Facenda e Finanzas Públicas da Arxentina


Consideran que hai que correxir o despilfarro descomunal xerado no contexto de maior recaudación do país e eliminar o abuso do kirchnerismo.


Prat-Gay tamén falou do cese de preto de 3000 traballadores públicos nos últimos días, co que devolver a transparencia ás institucións.
"Hay que llenar de contenidos el Estado, no llenar de amigos el Estado. Amigos que no trabajan para el bien común y, por supuesto, revitalizar y recuperar la carrera del empleado público y la burocracia estatal".


O Goberno agarda un crecemento para o país de entre o 0.5 e o 1% para o 2016.


O Executivo persegue agora a converxencia gradual da economía cara a normalidade atendendo a quenes menos teñen, poñendo foco no crecemento e correxindo a desorde que, aseguran, lles deixou o kirchnerismo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

15/01/2016