CRTVG

Buscar

O novo ano chinés, o Ano do Porco, tamén se celebra en Galicia

Publicado o 05/02/2019 21:36

Comezou o novo ano chinés, o 4.717, Ano do Porco, e en Galicia tamén o celebran. Claro está que non é o mesmo ca estar na China coa familia na festa máis importante para elas, pero na Escola Oficial de Idiomas de Ourense esmeráronse moito para traer un pouquiño da súa cultura e as súas tradicións ata aquí.

Comezan así o novo ano, coma toda boa celebración, arredor dunha mesa chea, e alóngase durante quince días. Os profesores e alumnos de chinés organizaron tamén unha chea de actividades. Este novo ano que inauguran os chineses, o 4.717, é o ano do porco, un ano que asocian á riqueza, a ledicia e a fertilidade. Pois... XÍN NIÁN KUAILÓ!

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2019