O norte de Portugal concentra a metade dos casos de covid de todo o país
A segunda vaga da pandemia golpea especialmente o norte de Portugal. A rexión fronteiriza con Galicia é a zona do país máis castigada polo virus, e hoxe por hoxe un dos principais focos de contaxio de toda Europa. A incidencia acumulada en vilas como Valença, Chaves ou Ponte da Lima é moi superior á de Lisboa. Con todo, o primeiro ministro luso di que o peor xa pasou.
Todo o país está en situación de emerxencia ata o 8 de decembro, e a intención é prorrogalo 15 días máis. Durante a ponte da Constitución Galicia pechase perimetralmente, co queda prohibida a mobilidade con Portugal.
"A situación é moi grave, hai que tomar conciencia", "a min gústame vir a Galicia, pero non se pode".
O Goberno portugués anunciou este xoves que empezará a vacinar a poboación no mes de xaneiro. Nunha primeira fase serán case un millón de persoas.