CRTVG

Buscar

O Noia golea o Parrulo e pasa a oitavos de final da Copa

Publicado o 24/11/2020 22:29

O Noia Portus Apostoli deu a sorpresa na copa e eliminou ao Parrulo. O Noia saíu polo partido dende o comezo cunha gran presión que lle permitiu adiantarse no marcador cos goles de Pirata e de Luisma nos primeiros compases do encontro. O 3-0 marcouno aos 11 minutos Rivera, logo de aproveitar varios erros defensivos do Parrulo.

A presión abafante continuou durante toda a primeira metade e aí naceu o cuarto gol do Noia, obra de Pope. O festival goleador do equipo local continuou na segunda metade. Adrián Rivera marcou o 5-0 para liquidar a eliminatoria, malia algún posterior do Parrulo. William anotou o 5 a 1 a prol do Parrulo.



 

Noticias web

24/11/2020