CRTVG

Buscar

O Ángeles Alvariño atopa dúas botellas pequenas de mergullo que pertencen a Tomás Gimeno

Publicado o 25/06/2021 09:59

Trátase dun avance na investigación tras recuperar o pasado 10 de xuño o corpo da maior das pequenas, Olivia Gimeno. O buque oceanográfico Ángeles Alvariño localizou no fondo do mar, a 1.500 metros de profundidade, dúas botellas de mergullo, individuais e pequenas que, segundo confirmou a Garda Civil, pertencen ao pai das nenas, Tomás Gimeno.

O achado produciuse hai uns días, pero non transcendeu ata este xoves. O Ángeles Alvariño, supeditado pola xeolocalización do móbil de Gimeno, buscaba estes últimos días entre Añaza e Radazul, nunha zona máis afastada do porto de Santa Cruz, que foi onde se atopou o cadáver de maior das irmás.

A localización das botellas poderían confirmar a hipótese do suicidio, na que Tomás Gimeno, despois de asasinar as fillas e lastralas ao mar, puido tirarse á auga cun cinto de chumbos e coas botellas para inhalar o osíxeno ata quedar inconsciente.

Precisamente, o seguinte obxectivo do Ángeles Alvariño é atopar ese cinto de chumbos que, supostamente, utilizou Gimeno para suicidarse. O buque está arestora atracado no porto de Santa Cruz por unha avaría nunha hélice pero, polo momento e aínda que xa se estudan outras alternativas, continuará en Tenerife coa busca da pequena Anna e o seu pai.

Noticias web

25/06/2021