CRTVG

Buscar

O nerviosismo e a fatiga, efectos colaterais tras dez meses de pandemia e restricións

Publicado o 26/01/2021 14:29

Imaxes coma esta, que hai uns días revolucionaron as redes sociais en Barbadás, non son un caso illado. A policía constata un incremento da violencia tras dez meses de pandemia e restricións.

Roberto González, voceiro do Sindicato Unificado de Policía en Galicia: "Percibimos que a xente está máis nerviosa, máis irascible, ten menos aguante, menos paciencia. Temos que temperar nas intervencións. Hai momentos en que non queda máis remedio que sancionar".

Aumentaron, din, as intervencións da policía e do 061 para atender persoas con brotes psicóticos, tentativas de suicidio e violencia no ámbito familiar e en espazos públicos. Sen chegar a eses extremos, a fatiga e o nerviosismo esténdense entre a poboación.

"Que me agonío, que xa se cansa un". "Que non son a mesma de antes, estou cansa de estar metida dentro". "Vese a xente nerviosa, non sabes nin por que". "Ver a mesma xente todos os días acaba cansando". "Está a xente crispada". "Hai que ser positivos, pensar no día a día e facer o que se debe facer", comentan varios veciños.

Desde o punto de visto psiquiátrico, os efectos agárdanse a máis longo prazo, unha vez superada a fase de loita actual.

Luis Docasar Bértolo, xefe de Psiquiatría da área sanitaria de Ourense: "Efecto rebote da drogodependencia, cadros adaptativos, postraumáticos... e tamén pacientes con incidencia acumulada de non atención".

O xefe ourensán de psiquiatría prevé un incremento de ata o 10 % na demanda deste servizo.

Noticias web

26/01/2021