CRTVG

Buscar

O neno desaparecido de Calviá está en Alemaña coa súa nai

Publicado o 13/04/2019 20:19
O neno desaparecido de Calviá está en Alemaña coa súa nai

O neno de cinco anos dado por desaparecido no municipio mallorquino de Calviá está en Alemaña coa súa nai. O Ministeiro de Interior alertara este xoves da súa desaparición. Sospeitábase dun secuestro parental.

Este sábado transcendeu que a proxenitora, de nacionalidade alemá e residente en España, viaxou ao seu país co neno en novembro, e que desde entón estivo en contacto co pai, co que mantén un réxime de custodia copartida. Con todo, o pai denunciou a desaparición do menor o día 10 de abril. Será agora o xuíz o que determine que ocorre finalmente con este caso. 

Noticias web

13/04/2019