CRTVG

Buscar

O Neno deixa un segundo na Coruña, en Santiago e no Porriño

Publicado o 06/01/2019 21:46

A Favorita leva o nome, e nestas festas cumpriu con el. Repartiu o Gordo no sorteo de Nadal, e hoxe este segundo premio. 

"Mira, o premio é de 750.000 euros. Despois demos vinte e pico números da centena do segundo, 14 do primeiro, do gordo. Despois moitísimas series premiadas. Tocáronlle aquí aos veciños: ao café Riazor 50.000 euros, e o café Piña outros 50.000", cóntanos Ana García, unha das loteiras da Favorita.

Así que polo menos parte quedou neste barrio da cidade da Coruña, que foi quen máis recibiu. Outra administración, a número 6, repartiu tamén unha serie completa, a petición dun cliente.
Non chegaron tantos cartos a Santiago nin tampouco ao Porriño, pero Begoña e Andrés tamén recuncaron nestas festas. Así o recoñecía Andrés, orgulloso.

"Sorte outra vez no Neno, repetindo a ledicia do ano pasado, que tamén deramos o segundo premio. Moita felicidade, isto é inmenso. Isto é o mellor do oficio que temos, repartir esta ledicia entre a xente e darlle premios".

E Begoña, desde o seu despacho de Santiago, di: "Demos no Nadal o Gordo e agora damos o do Neno. A verdade é que é unha satisfacción grandísima".

E para rematar a xornada, algunha agraciada xa foi aparecendo. "Hai cinco minutos, non a vin en persoa, pero xa se puxo en contacto comigo unha das agraciadas indirectamente que me dixo: mañá voute visitar", di Andrés. Así que mañá volverá ser día de celebracións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/01/2019