O negocio das tatuaxes resiste a crise desatada polo coronavirus
Publicado o 10/11/2020 14:10
A pandemia fixo deste 2020 un ano para lembrar e son moitos os que decidiron plasmalo de por vida na súa pel.
O negocio das tatuaxes vive un novo auxe e sobrevive á crise orixinada polo coronavirus. A arte da tatuaxe vive un novo boom auspiciado pola irrupción do coronavirus.
Todo o que dalgunha maneira asociamos coa pandemia, está agora entre o que máis demandan aqueles para os que o 2020 será un ano para lembrar de por vida.
O negocio resiste o coronavirus e na Coruña acaba de abrir agora o que se considera o maior centro de tatuaxes de Europa. Entre o galegos, din, triunfan sobre todo os deseños minimalistas.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:58