CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O naufraxio dun pesqueiro galego en augas da Arxentina deixa un tripulante morto e outro desaparecido de nacionalidade peruana

Publicado o 11/07/2018 20:59

A mala meteoroloxía, sumado a un fallo eléctrico, parecen polo momento as causas máis probables do afundimento en augas do Atlántico sur do pesqueiro galego Dorneda, da empresa Freiremar.
Os sobreviventes viaxan xa ao continente.

Os 25 tripulantes do pesqueiro Dorneda que foron rescatados con vida tralo afundimento viaxan arestora cara a cidade de Puerto Madryn, na costa norte da Patagonia arxentina. a uns 570 kilómetros de onde se produciu o sinistr
o.
Está previsto que cheguen nas vindeiras 48 horas. Con eles viaxa tamén o único falecido que segundo fontes diplomáticas non ten nacionalidade española.

Na zona, a Armada arxentina continúa coas tarefas de rastrexo para atopalo mariñeiro que continúa desaparecido.

Segundo as primeiras hipóteses o afundimento do buque con base en Vigo podería ter sido a causa dun fallo eléctrico, sumado á pésima situación meteorolóxica na rexión.

O buque Dorneda, da empresa Freiremar, activou a radiobaliza de emerxencia a unhas 308 millas náuticas da costa arxentina despois do que parece ser unha falla eléctrica na rampa de popa, que se emprega durante a pesca de arrastre.
CORTE: Enrique Balbi - Portavoz da Armada Arxentina
"Habría entrado mucha agua por esa rampa, esa agua había entrado por la sala de máquinas, eso produce un black out que en el ambiente marino

Rápidamente, dous buques, o 'Farruco' e o "Beagel 1', desprazáronse ata a zona para prestar axuda e atopáronse nunha lancha ós 25 sobreviventes e tamén o único falecido ata o momento.
Unha persoa permanece aínda desaparecida.

En estos momentos hay unha aeronave haciendo exploración aérea por el tripulante desaparecido con la posibilidad de una segunda aeronave para mantener el esfuerzo aéreo.
Entre a dotación hai 11 españois, pero tamén marroquíes, peruanos e indonesios. Nin o finado nin o desaparecido son galegos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/07/2018