CRTVG

Buscar

O naufraxio do Divina del Mar produciuse por "falta dunha vixilancia eficaz da navegación"

Publicado o 13/09/2021 21:18

A tripulación realizaba xornadas de 14 horas seguidas e non se descarta que o patrón quedase durmido

O naufraxio do Divina del Mar produciuse por "falta dunha vixilancia eficaz da navegación"

O naufraxio do Divina del Mar, en que morreu un mariñeiro na costa de Porto do Son, produciuse por unha falta de vixilancia da navegación. É o que conclúe a comisión de investigación de accidentes marítimos.

O informe apunta que o patrón levaba once horas seguidas de garda sen descansar e que puido adormecer. Non se decatou da proximidade das rochas ata que golpeou contra elas. Oito dos mariñeiros conseguiron salvar a vida e o único que non levaba posto o chaleco salvavidas faleceu.

Noticias web

13/09/2021