CRTVG

Buscar

O Nadal xa está aquí, alegra os escaparates e hai presentación oficial do anuncio da lotería

Publicado o 14/11/2019 15:54

O Nadal xa está aquí. Xa o viñamos notando cos escaparates e cos turróns nas tendas, pero acaba de chegar o seu inicio 'oficial': a presentación do anuncio da Lotaría do Nadal.

Lalín, por exemplo. 14 de novembro e xa empezou o Nadal.
"Empezamos o Nadal moi cedo, e, realmente, cando chegas ao Nadal xa pasou todo".
"Eu tampouco entendo por que. Tiña que ser en decembro".

Pois xa chegou ben disposto a pisar o outono co seu exército de luces.

"Xa estamos na época. Isto está xa repleto de cousas".

Vemos a quen se dedica a comprar adornos e vemos a quen se dedica a colocalos. Para esta escaparatista profesional, o Nadal non empeza hoxe.

"Non, non. Para min xa empezou o 29 de outubro".

Dende aquela decorando escaparates para animar as vendas de outono e para intentar transportarnos a ese espírito que hoxe apareceu en Madrid nesta presentación.

"A presentación do anuncio da lotaría marca o inicio do Nadal".

Un anuncio dividido en catro historias sen artificio sobre a idea de compartir.

"Aínda que xa non sexas a muller do meu fillo, para min segues a ser da familia".
"O Nadal é época de ilusión".
"O Nadal xa non é coma antes. Antes había ilusión".

A ilusión, xa saben, non ten prezo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019