O Nadal finaliza co permiso de mobilidade excepcional do Día de Reis
• Os contaxios seguen medrando na área da Coruña
• Santiago e comarca enfróntanse a un posible endurecemento das restriccións
• En Narón suavizan as restricións pero os veciños séntense prexudicados
Estamos a piques de porlle o punto e final a este Nadal tan diferente. Mañá e só mañá poderemos movernos libremente tamén polos concellos perimetrados. Será só por motivos familiares e seguindo coas restriccións que están en vigor nos concellos. Mobilidade excepcional entre concellos soamente no día de mañá, día de Reis. Serán 17 horas. Entre as seis da mañá e as once da noite vanse permitir os desprazamentos mesmo entre aqueles municipios que estean perimetrados.
Iso si, só para encontros familiares. Unha decisión máis drástica que a tomada polo comité clínico en Noiteboa e Noitevella por mor da evolución dos casos, que non é boa.
Ademais, Galicia permanece pechada desde o pasado día 23 de decembro e seguirá pechada a partir de mañá. A Xunta decidiu alongar esa medida ata o luns para evitar movementos innecesarios durante a fin de semana.