CRTVG

Buscar

Vigo, a cidade onde habita o Nadal

Publicado o 24/11/2019 14:55

Vigo esperta do seu letargo despois dunha longa noite memorable. Pola mañá é tempo de facerse selfies de vagar, pousar no globo de Papá Nöel e gozar da decoración sen aglomeracións.

Aínda que indubidablemente o gran espectáculo é polas noites, a gran nora que veremos rolar o mércores, a neve artificial, o gran agasallo da Gran Vía, a simbólica árbore de nadal da porta do Sol de 35 metros, o boneco de neve de Rosalía de Castro ou a rúa Frozen Progreso. O centro de Vigo parece tomado polo Nadal e a cidade e milleiros de visitantes quixeron estar onte no inicio do espectáculo, na conta atrás como tamén quererán estar cando en xaneiro todo se funda a negro e se Disney quixo estar en Vigo tamén houbo un desembarco galático dos fans de Star Wars e un público entregado.

Lembren que o nadal só acaba de empezar en Vigo, e que durará dous meses, o mércores abrirá xa o mercadiño de nadal da alameda, o martes o poboado de nadal na Casa da Cultura Galega. Están todos convidados á nova cidade da luz, pero lembren que os festivos e vésperas hai importantes restrición ao tráfico no centro da cidade de Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/11/2019