CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

O Museo do Mar de Galicia expón o Pergameo Vindel ata a vindeira primavera

Publicado o 11/10/2017 17:09

Son só dúas follas, mais atesouran un dos textos fundacionais do noso idioma.
O Pergameo Vindel está en Vigo. Unha exposición móstrao por primeira vez en Galicia.

Chega da Biblioteca Morgan. O pergameo está datado no século XIII:
Oitocentos anos cheos de vicisitudes.
Apareceu nas vésperas da primeira guerra mundial en Madrid.
Atopouno Pedro Vindel no Rastro; forraba un libro de Cicerón. Pronto se deu conta do achado. Un grupo de descendentes deste libreiro ve por primeira vez o pergameo.

Pero quen era Pedro Vindel?

José Manuel Fernández Jardón co seu fillo Luís é un dos directores da longametraxe Manuscrito Vindel, que narra as vicistudes deste personaxe que andou perdido entre xitanos e rapaces da rúa antes de se converter no libreiro máis importante de Madrid.

El era consciente da xoia que tiña entre mans. Mais non foi doado atopar comprador, nunha España sen demasiada sensiblidade co seu patrimonio.

Tras varias compras a e vendas, o pergameo rematou en América na Morgan Library de Nova York que, tras dous anos de negociacións, permitu o seu traslado a Vigo.

Unha exposición dividida en sete partes. Por cada unha das cantigas intenta mostrar diversas facetas da vida na baixa Idade Media: dende a espiritualidade ata vida cotiá, o amor sagrado e o amor profano.

Non se sabe nada de Martin Codax, apenas que era de Vigo, pero a súa influencia chega ata os escritores dos nosos días.

Son cincuenta pezas procedentes sobre todo de Galicia e as súas catedrais e museos, mais tamén algunhas obras contemporáneas e xoias coma esta Biblia da Catedral de Segovia.

Os zapatos do bispo de Mondoñedo ou o escudo da Paio Gómez Chariño, o almitante trobador.
Todo para intentar comprender uns textos e unha música que naceron arroladas polas ondas do mar de Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

11/10/2017