O museo etnográfico de Loiro regresa ao pasado do rural coa axuda dos veciños
Publicado o 14/01/2019 21:48
Acaba de abrir as portas en Loiro, no concello ourensán de Barbadás, un museo que é máis ben unha viaxe no tempo. Nel faise un percorrido pola vida e polos costumes da vida rural no pasado, grazas á achega dos veciños.
Regreso ao pasado en Loiro, onde acaba de abrir as súas portas un museo etnográfico que percorre a vida nesta parroquia ourensá cando non había móbiles nin wifi. Os veciños volven á infancia e lembran aqueles tempos.
Unha das estrelas do museo é, sen dúbida, a cociña, o lugar de encontro por excelencia das familias.
Un paseo que vai da casa á escola e mesmo á igrexa, cunha xoia coma este túmulo funerario, que é unha peza única en Galicia.