CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

O Museo do Pobo Galego conmemora os seus 40 anos de existencia

Publicado o 25/10/2017 17:13
... O Museo do Pobo Galego cumpre 40 anos, mantendo a súa esencia de investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en tódolos seus ámbitos ...

As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela.

O Museo do Pobo Galego é un museo de carácter antropolóxico, pero tamén acolle salas de pintura, escultura e arte sacra. As principais coleccións están en relación coa cultura popular, gardando valiosos fondos referentes ao mundo mariñeiro e agrario. Outras seccións son as de hábitat, arquitectura, oficios e imprenta, xunto aos espazos dedicados á sociedade.

Igualmente posúe unha excelente colección do traxe e encaixe tradicionais, así como de instrumentos musicais.

O museo conta cunha grande oferta de servizos, como unha biblioteca que tenta ser un referente bibliográfico da cultura galega ...
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

25/10/2017