O Museo do Gravado atesoura 40.000 estampas que abarcan sete séculos
O presidente da Xunta visitou este mércores o museo do gravado de Ribeira, que posúe unha das coleccións máis importantes do país e que prepara unha mostra con fondos de Picasso, Seone e Laxeiro, entre outros. Está na parroquia de Artes, en Ribeira.
Neste museo hai 40.000 estampas de sete séculos e unha biblioteca ilustrada con 6.000 exemplares.
Nos fondos do Museo do Gravado hai obras de Picasso, Seoane e Laxeiro que van exporse ao público en breves.
Xa se poden visitar dúas mostras baixo o título No ronsel do camiño, gravados contemporáneos para o Xacobeo do 2021-2022 de Mariano de Souza, Manuel Facal e o asturiano Miguel Ángel Lombardía.
E cómpre adaptarse aos novos tempos; nun dos traballos de Mariano de Souza, que forman parte da citada mostra, o Apóstolo non ataca infieis, senón a covid.