O Museo de Pontevedra dedica unha retrospectiva a Xaime Quessada
Publicado o 13/11/2020 14:15
No Museo de Pontevedra inaugurouse unha retrospectiva do artista galego Xaime Quessada. Unha coleccion de pinturas que sintetizan cinco decédas de actividade creadora.
Son medio cento de pinturas as que se poden ver nesta restropectiva que sintetizan a prolífica obra deste artista ourensán. Na exposición pódense ver vellas gravacións con algunhas das reflexións de quen foi un firme detractor do franquismo.
As vangardas europeas de principios de século influíron neste viaxeiro infatigable preocupado tamén polo que acontecía en Galicia.
A exposición permanecerá aberta no Museo de Pontevedra ata o próximo 10 de xaneiro.