CRTVG

Buscar

O Museo de Pontevedra compra o 'Album Nós' de Castelao

Publicado o 14/01/2021 15:10

Os 50 debuxos do 'Álbum Nós' orixinal son unha das obras máis emblemáticas de Castelao e a súa adquisición supón para o Museo de Pontevedra contar con practicamente toda a obra do pintor. Todas as facetas artísticas de Castelao están agora presentes no museo.

A obra foi mercada por 650.000 euros á familia Lino Sánchez, que lla prestou ao museo en 2015 sen saber que era o álbum orixinal, que se cre que o pintor lle regalou ao seu amigo Xosé Lino.

A súa adquisición é un feito transcendente para o Museo de Pontevedra, que non se pode entender sen ter en conta a figura de Castelao.

 

Noticias web

14/01/2021