CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

O Museo da Emigración Galega na Arxentina recibe 5.000 visitantes ao ano

Publicado o 09/04/2017 21:32

Antes da información deportiva, visitamos o Museo da Emigración Galega na Arxentina. O MEGA é unha entidade de referencia na conservación da memoria da emigración galega cara América.

Entre estas paredes consérvase, investígase, exhíbese e difúndese dende hai once anos o patrimonio material e inmaterial da Galicia emigrante.
A mesma que entre os séculos XIX e XX chegou a América na procura dunha vida mellor e á que hoxe homenaxea, dende distintos eixes, o Museo da Emigración Galega da Arxentina.


"Es una institución señera en el sentido de que es el único museo de la emigración gallega que existe en la región".
Pese a súa xuventude, conta con máis de 6.500 activos históricos no seu arquivo.



"Está la sala del inmigrante, la sala de los oficios, hay salas históricas que tiene que ver con el sindicalismos y el aporte de los gallegos en la lucha por los derechos de las personas. Próximamente se va a inaugurar una sala que tiene que ver directamente con el asociacionismo".

Este patrimonio viuse acrecentado notoriamente nos últimos meses grazas a doazóns máis completas. Un material que honra ós galegos e atrae a atención dos arxentinos.


"No es un museo clásico en el sentido de que sólo se puede venir a observar, si no que uno participa de actividades. La calidad de los documentos que exhibe, los materiales y en esa organización que ofrece el museo es posible realmente conocer muy bien la emigración gallega en la Argentina".

Con máis de 5.000 visitantes durante o último ano os seus responsables teñen claro que o MEGA, como tamén é coñecido o museo, é un espazo que interesa.


"Es impensable que Buenos Aires que es tan gallega como Galicia y no es en vano la quinta provincia gallega no tenga la prioridad de tener el primer museo y el más rico".


Pero o MEGA non é só un punto de anclaxe coa nosa memoria histórica, é ademáis un gran axente difusor da nosa cultura, do noso folclore e ata do noso idioma grazas ós cursos semanais que imparte en Bos Aires.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí