CRTVG

Buscar

O museo ao aire libre de Carballo medra co Rexenera Fest

Publicado o 07/06/2019 14:32

A ilustradora galega Lidia Cao dáballe esta mañá as últimas pinceladas ao seu mural do Rexenera Fest. Esta edición do festival de arte urbana de Carballo transformou seis medianeiras feas en obras de arte de gran formato. Preguntámoslle á artista ordense pola súa obra.

"Representa a fin da infancia. É un punto crítico da educación dos pais que inflúe sobre todo nos nenos da casa. É un pouco sobria".

A propietaria da casa ve no mural a tristura que deixan os incendios forestais. Amósase moi contenta coa artística rehabilitación da súa fachada.

Carmen Varela, a dona da casa fala do contenta que está: "Moitísimo, e o mesmo o meu marido e os fillos. Encántanos a todos o debuxo".

O cadro de creadores deste ano complétano artistas chegados da China, como Satr; da Arxentina, Milu Correch que hoxe remataba a súa obra onda o Forum, de Italia veu Millo e de Valencia, Pichiavo, os autores deste. Seis máis para desfrute de viandantes en Carballo. E coa fin de semana acaba este Rexenera Fest. Mañá, microconferencias.

Javier Mourón, Mou, coordinador do Rexenera Fest, lembra que nas microcoferencias participarán Festival Paree, do Festinval de Intervención mural de Asturias; Miau Fanzara, do Museo Inacabado de Arte Urbana, Poligon e Urvanity.

A festa de peche, de balde mañá polo serán no bar A Barra, inclúe as actuacións de High Paw, Boyanka Kostova e Néboa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2019