CRTVG

Buscar

O muro de Bonaval en Santiago continúa sen arranxar, á espera de orzamentos

Publicado o 05/02/2020 14:26

A Costiña do Monte continúa pechada para os vehículos desde que o pasado 18 de decembro caeu parte do muro do parque de Bonaval e provocou a morte dun viandante. A zona está apuntalada desde aquela e non só deixaron de pasar coches, o tránsito peonil reduciuse notablemente. Veciñas da zona explican que evitan pasar por alí por medo, sobre todo cando fai mal tempo.

O vello muro do antigo cemiterio principal de Santiago non soportou as inclemencias da borrasca Elsa e, mes e medio despois do accidente, está a ser sometido a un estudo xeotécnico previo á redacción do proxecto de reconstrución. Segundo algúns veciños, sería necesario revisar todo o muro.

O proxecto de orzamentos do Goberno municipal de Santiago, pendente de aprobación, prevé destinar un millón de euros ás obras de reparación deste muro e doutros dous, nas Fontiñas e no Pombal, que tamén precisan ser reconstruídos.

Noticias web

05/02/2020