CRTVG

Buscar

O murciano Blas Cantó representará a España en Eurovisión cunha balada

Publicado o 20/02/2021 23:39
O murciano Blas Cantó representará a España en Eurovisión cunha balada

O cantante murciano Blas Cantó

Blas Cantó representará a España no Festival de Eurovisión, que se vai celebrar o vindeiro 22 de maio coa balada "Voy a quedarme". Cantó foi votado polo 58% dos eurofans que participaron no programa Destino Eurovisión de La 1 de TVE. Nesta ocasión non houbo xurado profesional para complementar as votacións do público. A posta en escena do tema correrá a cargo do holandés Marvin Dietmann, o mesmo que se encargou da actuación gañadora de Conchita Wurst en Eurovisión 2014.