CRTVG

Buscar

O mundo do deporte, unido contra o racismo

Publicado o 31/05/2020 21:37

A morte do afroamericano George Floyd a mans da policía en Minneapolis está a provocar unha vaga de protestas en todo o mundo polo que se considera outro brutal acto de racismo nos Estados Unidos.

O mundo do deporte tamén está a amosar a súa repulsa polos feitos. Un dos primeiros en manifestarse foi o ex da NBA Stefen Jackson.

A estrela dos Lakers Le Bron James preferiu manifestarse por Twitter para preguntarse por que en América non se queren máis.

O tema traspasou fronteiras, e esta semana na Bundesliga vimos distintos actos reivindicativos contra o racismo e pedindo xustiza para Floyd, como amosou Jadon Sancho, o xogador do Borusssia Dortmund, o mesmo que fixo o seu compañeiro Achraf, cedido polo Real Madrid.

Nunha mesma liña, Thuram, fillo do ex-xogador barcelonista, axeonllouse en homenaxe a Floyd.

Coma en tantas ocasións, o mundo do Deporte volve estar unido. Eles son o espello do mundo.

Noticias web

31/05/2020