CRTVG

Buscar

O mundo do cinema dille adeus a unha das lendas da pantalla grande

Publicado o 31/10/2020 21:48

O mundo do cinema dille hoxe adeus a unha das lendas da pantalla grande. Sean Connery faleceu este sábado aos 90 anos. O actor escocés pasará á historia polo seu papel como o primeiro James Bond, pero que soubo transcender o famoso axente secreto. Na súa dilatada carreira recibiu numerosos premios: un Óscar, dous Premios Bafta e tres Globos de Ouro. Pasará á historia do cine por ser o primeiro James Bond. Chegou a protagonizar sete entregas do espía de maior sona no panorama cinematográfico.O seu magnetismo e a súa sedución covertérono nun dos actores máis afamados de finais do século XX, que fixo perdurar a súa carreira a través de varias xeracións...

Pero Sean Connery soubo transcender o famoso axente secreto 007. Na súa dilatada carreira, recibiu numerosos premios: un Óscar, dous Premios Bafta e tres Globos de Ouro.
E aínda que rodou con John Huston, Brian de Palma, Sidney Lumet ou Alfred Hitchcock gozou máis do aplauso do público que da crítica.
Outro dos seus míticos papeis foi o de pai un tanto rosmón de Harrison Ford en "Indiana Jones e a última cruzada".
"He (Connery) is my father, my mentor, my inspiration..." "Él (Connery) é meu pai, o meu mentor, a miña inspiración", dicía del Harrison Ford.
O actor, retirado da vida pública desde o 2011 pasou os últimos anos xunto á súa muller nas Bahamas. A familia ten previsto organizar unha cerimonia privada para despedilo e unha homenaxe na súa memoria cando remate a pandemia.
O actor Daniel Graig, un dos seus sucesores como James Bond despedíase hoxe del destacando que
"O enxeño e o encanto que amosou na pantalla podían medirse en megavatios: axudou a crear o exitazo moderno"

Noticias web

31/10/2020