CRTVG

Buscar

O mundo das orquestras reactívase dunha forma que sorprende no propio sector

Publicado o 07/10/2021 15:35

"Pasamos momentos dificilísimos, pero grazas a esa fe inquebrantable por querer traballar, foi un pouco o que nos salvou", conta Dani Dopazo, director artístico de La Ocaband.

Están sorprendidos e felices porque ven que a reactivación do sector pasou de ser un desexo a unha realidade que se pode cuantificar grazas aos contratos que están pechando.

"A consecuencia destes festivais isto estase disparando estes días, hai moita demanda e estamos collendo bo camiño, xa", fala Víctor Antón, director Gaias Eventos e orquestra Marbella.

"Hai chamadas, hai contratacións tanto para agora xa salas de festa como tamén incluso para o verán que ven", apunta Dani Dopazo.

"Estamos agora mesmo a partir de xa de cara ao ano que ven pois arredor das 130 festas contratadas", di Xosé Antonio Blas, director xerente da París de Noia.

"Similar Satélites, tamén con 120 actuacións, despois a orquetra Marbella que debe ter unhas 60 aproximadamente, La Ocaband que debe ter unhas 30, 40 actuacións", comenta Víctor Antón.

"Dalgún xeito vén demostrar o que sempre pensamos a xente en Galicia, as comisións de festas e a nosa xente bota de menos a festa, bota de menos a verbena", opina Xosé Antonio Blas.

Agradecen o labor das institucións ás que lles piden máis apoios e desexan que reaparezan as orquestras que a pandemia deixou atrás. "Agora si que vemos a luz ao final do túnel", din.

Noticias web

07/10/2021