CRTVG

Buscar

O mundo da tauromaquia chora a Iván Fandiño

Publicado o 18/06/2017 12:06

O toureiro vasco de orixe galega morreu este sábado en Francia, localidade de Aire-Sur-l'Adour, a causa dunha grave cornada

O mundo da tauromaquia chora hoxe a Iván Fandiño, o toureiro vasco de orixe galega que morreu onte en Francia, localidade de Aire-Sur-l'Adour, a causa dunha grave cornada. 

Este é o momento da collida, cando o touro derribou por segunda vez ao matador e feriuno de morte cunha cornada de 15 centímetros no costado dereito. Fandiño, que tiña 36 anos, era fillo de pais galegos que emigraron ao País Vasco para traballar. Naceu e creceu en Orduña, Vizcaia, pero marchou de Euskadi para formarse como toureiro. Pouco a pouco foise abrindo camiño e desde fai uns anos era un dos destros máis querido na praza das Ventas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2017