CRTVG

Buscar

O Mundial de Tríatlon de Pontevedra, este sábado na tvG2

Publicado o 03/05/2019 20:28

Pontevedra convértese en capital do tríatlon de longa distancia, con destacada presenza galega entre os competidores. Gómez Noya, Pablo Dapena e Saleta Castro chegan a esta proba en plena forma, e dispostos a gozar das sensacións que dá competir na casa.

"É unha distancia que este ano non está nos meus obxectivos, e veremos o que dá o corpo. Ogallá poida facer unha boa carreira."

Gómez Noya buscará o seu noveno título mundial de longa distancia en Pontevedra. Pero a baixa temperatura da auga no Lérez pode facer que a organización reduza o segmento de natación de 3000 a 1500 metros. Unha decisión que podería prexudicar os galegos.

 A triatleta Saleta Castro explica que apenas serán 20 minutos na auga, e formarase un grupo grande, que sairá xunto e empezará a carreira no segmento de bicicleta.

Algo que tampouco favorecería a Pablo Dapena, o vixente campión mundial, que intentará revalidar o título.

"Así en maio un campionato do mundo custa un pouco asimilalo, pero mal non chego", di Dapena

Será unha carreira longa e esixente. Un percorrido en que a resistencia e tamén a estratexia de cada un serán clave para facerse co título de campión

 

Noticias web

03/05/2019