CRTVG

Buscar

O Muncyt da Coruña inaugura unha mostra dedicada a Leonardo Torres Quevedo

Publicado o 07/12/2016 14:12

Inventos coma o mando a distancia ou os máis recentes drons teñen a súa orixe no traballo deste enxeñeiro español

O primeiro teleférico para o transporte de persoas, a moderna maquinaria dos dirixibles ou o que se pode considerar o primeiro ordenador da historia. Son inventos da España de primeiros do século XX que se deben ao inmenso labor de Leonardo Torres Quevedo, un traballo que agora busca recuperar esta mostra que desde hoxe se pode ver no Muncyt da Coruña.

Canda esta mostra organizaranse talleres para escolares. Os pequenos poderán converterse en enxeñeiros de transportes e fabricar con poucos materiais barcos autopropulsados ou coches con motor de aire.

Se queren achegarse á obra de Torres Quevedo poden facelo no Muncyt da Coruña ata o 26 de febreiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2016